Rubén García-Loureda defende unha tese doutoral que analiza a evolución tecnolóxica da Televisión de Galicia (TVG)

Rubén García-Loureda defende unha tese doutoral que analiza a evolución tecnolóxica da Televisión de Galicia (TVG)

O 5 de febreiro de 2016 Rubén García-Loureda Díaz defendeu a tese doutoral “La televisión pública regional: el caso de Televisión de Galicia. Digitalización y evolución tecnológica en Televisión de Galicia (1985-2012)”, dirixida polo profesor Xaime Fandiño Alonso, que obtivo a calificación de Sobresaliente cum laude. Nesta investigación, García-Loureda analiza a evolución tecnolóxica da Televisión de Galicia (TVG) desde a posta en marcha das primeiras emisións en 1985 ata o ano 2012, no que se inaugura o que o autor considera a primeira dixitalización MAM desta empresa na Delegación Provincial de Lugo da televisión pública autonómica de Galicia. Rubén García-Loureda pretende con esta tese establecer que feitos impediron unha dixitalización MAM completa en Televisión de Galicia, ata o momento da súa redacción, setembro de 2015, posto que todas as televisións públicas das nacionalidades históricas españolas, TV3 en Cataluña e ETB en Euskadi implementaron xa unha dixitalización MAM completa en 2003 (TV3) e 2007 (ETB).

Neste traballo tamén se establece un paralelismo evolutivo na dixitalización MAM entre TV3 e ETB, as outras dúas televisións públicas das autonomías históricas, polas súas características comúns con TVG (comezo común aproximado de emisións, xustificación de promoción dunha lingua propia, estruturas empresariais e organizativas similares, etc.). Xa que logo este traballo de investigación pretende afondar tamén nas consecuencias dos cambios en fluxos de traballo que a dixitalización MAM leva consigo, pretendendo establecer como "Case study" a implantación do sistema de traballo con arquivos de datos informáticos para o proceso televisivo na Delegación da TVG en Lugo en 2012, en substitución do traballo con cintas de vídeo e magnetoscopios.

.$node->title.
.$node->title.

La asociación en